Saltar ao contido principal

Publicacións

"LAMPREÍZATE" NO IES AS BARXAS

Esta 2º avaliación os alumn@s de educación plástica de 1º ESO deron vida a unha nova aventura da muller lamprea , unha super heroina nacida no IES as Barxas.  Iria Collazo é a nosa profe de galego, autora dos contos  que despois nós intentamos animar na nosa aula, unha actividade interdisciplinar "galego-plástica" que naceu no 2010 . Lampreizate no IES as Barxas¡ Para ver as outras aventuras ir ao   ENLACE MULLER LAMPREA III from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo .

George Méliès - "A maxia do cine"- Crea efectos especiais nos teus curtos

A caixa programa un concurso e unha exposición que explica por primeira vez as raíces culturais, estéticas e técnicas de Méliès e demóstranos que as orixes do seu mundo atópanse nas orixes do cine: sombras animadas, linterna máxica, fantasmagoría, cronofotografía, ilusionismo, maxia e fantasía, ARTE EN ESTADO PURO. ENLACE Si falamos de maxia e cine , a motivación está asegurada no IES as Barxas .  Así que os mozos da productura: os nosos alumn@s de TIE e os meus alumn@s de 1ºBACH animáronse a crear dous curtos  Máxicos.  Sobre todo polo divertido do tema proposto. Que necesitamos para crear efectos especiais? 1º Un editor de video con chroma key. 2º Unha tea verde ou azul e unha cartulina do mesma cor para obxectos máis pequenos . 3º Iluminar o croma e a imaxe por separado.  Necesitaremos polo menos 5 focos , dúas desde arriba para o croma , un contraluz e dúas luces para o obxecto , unha principal e outra secundaria, isto ensinoumo Sebastian un alumn@ de ...

Consellos para editar un video

Déixovos aquí uns consellos para editar os vosos videos.  Recordar, o máis importante é ter claro o que queredes contar.  Para ver máis recursos ir ao enlace do blog do noso proxecto interdisciplinar de economía e plástica , ver ENLACE

Cantares Galegos- Rosalía de Castro , VIDEO-POEMAS

Non che teño medo Animación do poema de Rosalia "Non che teño medo moucho" Iniciativa Tic , onde traballaremos con programas de animación 2d ,retoque fotográfico , son, edición de video. Previo Story do poema e traballo de ilustración do mesmo .  Realizada polos alumn@s do OBRADOIRO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA  :VER ENLACE Airiños ,airiños aires
 Trátase da creación dun video- poema , tomando como referencia o video-arte como forma de expresión artística , inspirándonos na idea de "Cadáver exquisito"( creación mediante a cal se ensamblan colectivamente un conxunto de palabras ou imaxes).
 Traballaremos con programas de edición de video, son e retoque fotográfico.  A actividade é  interdisciplinar , educación plástica + departamento de filosofía (Brais) .

Animando "BIBLIOBERNARDINO "

A partir desta  FERMOSURA " The joy of books" (2011)   VER ENLACE , unha  obra de arte realizada por  Sean Ohlenkamp e Lisa Blonder , o  meu compañeiro de educación plástica máis eu animámonos  cunha versión stop motion da nosa BiblioBernadino. O video  esta completado con animaciones 2d , realizado polos nos@s artistas das Barxas. *A  animación é unha profesión con moitísimo futuro e  os profesores de educación plástica temos moito que aportar , para descubrir, ensinar e fomar novos talentos, recordarvos que para animar temos que debuxar, debuxar...story board, anatomía, perspectiva, movemento..

RITMO DE STOP MOTION

" Ritmo de stop motion " é un video que tiña pendente publicar , son prácticas soltas  que os meus alumn@s realizaron para educación plástica e que quedaron esquecidas na marea de cartafois que teño no meu ordenador. Aproveito para enlazar recursos sobre como facer unha animación stop motion  . Pódela facer co sinxelo editor de video movie maker para WINDOWS:  VER  ENLACE  Co editor Imovie para MAC:  VER ENLACE WINDOWS e MAC: monkey jam - Frame by frame I CAN ANIMATE para WINDOWS  -   MAC .    CO TELÉFONO CELULAR, TABLETS.. ENLACE 1   ENLACE 2 IPAD   ENLACE Para saber como viven os alumn@s o proceso de creación :VER ENLACE .

CREACIÓN DUN VIDEO-POEMA NA HORA DE LER

O IES as Barxas ten dentro das súas prácticas educativas coordinadas polo equipo da biblioteca e incluídas no seu Proxecto Lector de Centro a "hora de ler" ,  trátase dun tempo mínimo, dedicado á lectura, unha hora á semana nas nosas aulas dedicámolo a ler. En educación plástica realizamos este "video-poema" na nosa “hora de ler”, recitamos o poema de celso Emilio, e o resultado é unha mestura de música , voces e animaciones sobre un muro, coma se fose un mural " street -art" . A Vídeo creación poética na que as imaxes, a música e a voz desprenden sensacións e emocións é un proxecto comezado no aula de plástica o ano pasado dunha forma experimental , onde mesturamos a linguaxe audiovisual, a edición e a creación de videos ou animacións co acto da ler. O feito de gravar a lectura , sérvenos para prestar máis atención ao que se le, e que sexa o mesmo poema para todo o grupo  dálle máis forza, transmitindo así unha maior carga emocion...