Saltar ao contido principal

Publicacións

VIII FESTIVAL AS BARXAS "Somos a nosa memoria"

Desde hai 8 anos, en Educación Plástica no IES as BARXAS traballamos creando distintos produtos audiovisuais que viran sempre ao redor dun tema. A motivación deste ano é "A MEMORIA”; trátase de guións realizados partindo dos recordos e a memoria dos nosos avós e avoas de Moaña. A memoria conéctanos cas vivencias da alma, cos cimentos do noso día a día. Este evento é unha homenaxe a todas e todos eles. A nosa produtora audiovisual ( Caranguexo Films), na que xa parti cipa toda a comunidade educativa, culmina cun festival audiovisual no que se estrean este ano 12 curtas e animacións, producidas, gravadas e editadas polo alumnado. Como novidade contaremos de agora en diante cunha nova sección,  # somosVioleta  que consiste en “3 curtametraxes que loitan contra as violencias Machistas". Todos os traballos desta sección están realizados, gravados e editados exclusivamente co móbil . As curtas que se van proxectar son: "FORTEM "  Algúns actos de ...

2º PREMIO GSD INNOVA PARA TRANSFORMANDO REALIDADES

Eu téñolle un especial agarimo aos premios GSD INNOVACIÓN EDUCATIVA .  Aquí quedan algunhas fotos dunha xornada intensa , dun día de reencontros compartindo a nosa felicidade por este segundo premio entre amig@s .   Felicidades a GSD por unha entrega de premios divertida , moi emocionante e perfectamente organizada , na que compartimos os nosos proxectos e soñamos con outros novos , por que compartir experiencias é unha gran forma de aprender, GRAZAS #GSDinnova2018 #PremiosINNE2018 da Fundación GSD. #TRANSFORMANDOREALIDADES #ArteParaCambiarElMundo #IESasBarxas #Moaña O  proxecto coordineino xunto á miña compañeira e amiga   M  Jose Soto (profesora de economía ) e implicou a toda a comunidad educativa do IES as Barxas.  “TRANSFORMANDO REALIDADES”,  é ARTE para cambiar o mundo,  trátase dunha  experiencia interdisciplinar e creativa que pretende fomentar a cultura emprendedora e a Educación Artística en todas as etapa...

PREMIO por "teño medo as palabras" no Festival Audiovisual "O Museo de Pontevedra en curtametraxes

Noticia ¡¡¡¡¡¡, onte o meu alumnado de 3 ESO de Educación Plástica Visual e Audiovisual , recibiu o segundo premio dotado con 1.000 euros, na categoría alevín, no I Festival "O Museo de Pontevedra en curtametraxes", cuxos galardóns entregáronse onte en Pontrevedra, coa animación " Teño medo as palabras". que dá vida ao marabilloso poema do gran escritor e poeta   Miguel Ángel Alonso Diz  , e que poderedes ver no noso xa VIII Festival Audiovisual  # CaranguexoFilms  , na sección "Animación para concienciar " ca serie "MIGRANTES "  # somoscine # cineyeducación   # asFronteirasMatan   # LasFronterasMatan http://www.farodevigo.es/…/ies-as-barxas-segun…/1848077.html .

AUTORRETRATO ANIMADO WONDER

Grazas a unha invitación de Mercedes Ruiz realicei esta proposta didáctica  , convídovos a participar con ela no proxecto Wonder , e compartir os resultados animados dos teus alumnos e alumnas no blogue " Contamos con eMOTION"  #EDUmaridaje Olivia (Via) a irmá maior de August adora ao seu irmán, aínda que algunhas veces  sente que é desprazada por el.  Para ela August é o sol e todos viran ao redor del, como os planetas.      A proposta desta actividade  parte da mirada de Via, sobre como ela ve a August. Nunha pasaxe realiza unha descrición obxectiva do seu aspecto, pero afirma non velo como o resto da xente. Ela sabe que o esencial non é visible aos ollos. Anímote a realizar o teu autorretrato esencial e transformalo nun elemento ou figura que che defina a modo de metáfora , quen es en realidade? , mira máis aló do simple envoltorio no que se basea a nosa aparencia exterior. Crea unha metáfora animada para entender como es  coa ap...

O noso proxecto Audiovisual as Barxas gañador de "orgullo TIC"

A nosa productora Audiovisual "Caranguexo films" que traballou este ano co lema de " +ARTE"  na materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual nos cursos de 4º da ESO , 1º ESO  e na materia de animación de 1º e 2º de BACH  foi recoñecido pola plataforma IneveryCrea co premio    "orgullo TIC"  # somoscine # cineEdu Moi contentxs e agradecidxs¡¡ http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2017/09/22/proyecto-audiovisual-instituto-as-barxas/1754174.html https://luzbelos.wixsite.com/arteaudiovisual

BULLIYNG SELECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES no Terceiro Festival de Curtas para a Educación na Diversidade

A curta Bulliyng   das alumnas e alumnos de animación de 1º BACH do IES   As Barxas  é SELECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES no Terceiro Festival de Curtas para a Educación na Diversidade, organizado pola Universidade Tecnolóxica Nacional / Facultade Rexional Avellaneda , co apoio da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO e o patrocinio da Comisión Nacional Arxentina de Cooperación coa UNESCO. PROXECTARASE o 13 de Setembro entre as 9:30 hs e as 13 hs ver  http://www.festival.idenf.fra.utn.edu.ar/cortometrajes/jovenes B U L L Y I N G from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . FINALISTA no certame INTERNACIONAL VIDEOMINUTO 1º BACH OBRADOIRO DE ANIMACIÓN -IES AS BARXAS Guión Isabel Cascante Garcia Ilustración e Animación : Isabel Cascante Garcia Maria Puente Couso Alba Rodríguez Ríos Nerea Lareu de Castro Rubén Chapela Pereira Julieta Insagaray Artigas Lucia Parcero Martínez Marío Santomé Rodríguez MOAÑA https://animacioneducacionplasti...

Somos SELECCIÓN OFICIAL no "festival INTERNACIONAL de CINE independiente de ELCHE"

"CABELOS DE BATALLA"  é SELECCIÓN OFICIAL  no "festival INTERNACIONAL de CINE independiente de ELCHE"  O Festival de Cine de Elche-FICIE conta co apoio da Generalitat Valenciana, o recoñecemento da AIC e preselecciona para os Premios Goya. VER LIGAZÓN : http://www.visitelche.com/wp-content/uploads/sites/8/2017/07/Programa-FICIE-40ªed.-Elche.pdf  Tamén se proxectaron o domingo 16 neste prestixioso festival ARIADNA QUERE SER TESEO e   LATEXOS , a pesar de non ser parte da selección oficial , grazas mil por facer isto posible.   #AarteImporta #SomosCine