Saltar ao contido principal

Publicacións

Consellos para editar un video

Déixovos aquí uns consellos para editar os vosos videos.  Recordar, o máis importante é ter claro o que queredes contar.  Para ver máis recursos ir ao enlace do blog do noso proxecto interdisciplinar de economía e plástica , ver ENLACE

Cantares Galegos- Rosalía de Castro , VIDEO-POEMAS

Non che teño medo Animación do poema de Rosalia "Non che teño medo moucho" Iniciativa Tic , onde traballaremos con programas de animación 2d ,retoque fotográfico , son, edición de video. Previo Story do poema e traballo de ilustración do mesmo .  Realizada polos alumn@s do OBRADOIRO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA  :VER ENLACE Airiños ,airiños aires
 Trátase da creación dun video- poema , tomando como referencia o video-arte como forma de expresión artística , inspirándonos na idea de "Cadáver exquisito"( creación mediante a cal se ensamblan colectivamente un conxunto de palabras ou imaxes).
 Traballaremos con programas de edición de video, son e retoque fotográfico.  A actividade é  interdisciplinar , educación plástica + departamento de filosofía (Brais) .

Animando "BIBLIOBERNARDINO "

A partir desta  FERMOSURA " The joy of books" (2011)   VER ENLACE , unha  obra de arte realizada por  Sean Ohlenkamp e Lisa Blonder , o  meu compañeiro de educación plástica máis eu animámonos  cunha versión stop motion da nosa BiblioBernadino. O video  esta completado con animaciones 2d , realizado polos nos@s artistas das Barxas. *A  animación é unha profesión con moitísimo futuro e  os profesores de educación plástica temos moito que aportar , para descubrir, ensinar e fomar novos talentos, recordarvos que para animar temos que debuxar, debuxar...story board, anatomía, perspectiva, movemento..

RITMO DE STOP MOTION

" Ritmo de stop motion " é un video que tiña pendente publicar , son prácticas soltas  que os meus alumn@s realizaron para educación plástica e que quedaron esquecidas na marea de cartafois que teño no meu ordenador. Aproveito para enlazar recursos sobre como facer unha animación stop motion  . Pódela facer co sinxelo editor de video movie maker para WINDOWS:  VER  ENLACE  Co editor Imovie para MAC:  VER ENLACE WINDOWS e MAC: monkey jam - Frame by frame I CAN ANIMATE para WINDOWS  -   MAC .    CO TELÉFONO CELULAR, TABLETS.. ENLACE 1   ENLACE 2 IPAD   ENLACE Para saber como viven os alumn@s o proceso de creación :VER ENLACE .

CREACIÓN DUN VIDEO-POEMA NA HORA DE LER

O IES as Barxas ten dentro das súas prácticas educativas coordinadas polo equipo da biblioteca e incluídas no seu Proxecto Lector de Centro a "hora de ler" ,  trátase dun tempo mínimo, dedicado á lectura, unha hora á semana nas nosas aulas dedicámolo a ler. En educación plástica realizamos este "video-poema" na nosa “hora de ler”, recitamos o poema de celso Emilio, e o resultado é unha mestura de música , voces e animaciones sobre un muro, coma se fose un mural " street -art" . A Vídeo creación poética na que as imaxes, a música e a voz desprenden sensacións e emocións é un proxecto comezado no aula de plástica o ano pasado dunha forma experimental , onde mesturamos a linguaxe audiovisual, a edición e a creación de videos ou animacións co acto da ler. O feito de gravar a lectura , sérvenos para prestar máis atención ao que se le, e que sexa o mesmo poema para todo o grupo  dálle máis forza, transmitindo así unha maior carga emocion...

Creación dun proxecto audiovisual

Nunha primeira fase do proxecto "creación dunha productora audiovisual para o IES as Barxas" empezaremos co estudo da linguaxe cinematográfica, planos, ángulos, encadre... Antes de realizar o noso proxecto debemos ser conscientes das nosas limitacións, un gran número de alumn@s que queremos coordinar , pouco tempo apenas dúas horas á semana, tanto en TIE como en educación plástica , necesitaremos usar o enxeño e aproveitar ao máximo os recursos que temos .  Os escenarios son limitados nun instituto, por iso queremos un croma, para viaxar a outros mundos como di Juan ,e xa é hora de crear un informativo novo, fresco e divertido, unha mirada vosa  ao mundo que vos rodea, noticias de dentro e de fóra do instituto.  Neste video participaron alumn@s de TIE ,de plástica, e o incondicional grupo de alumn@s que acode todos os recreos ao aula de plástica e que saben que esta sempre será a súa aula , un espazo para dar vida e forma aos seus sonos.  QUE NECESITAMOS? Video...

AS BARXAS EMPRENDE,PRODUCTORA AUDIOVISUAL

Este ano os alumn@s de educación plástica van traballar de novo no proxecto AS BARXAS EMPRENDE na creación dunha productora audiovisual na fase de producción coa realización de vídeos no canal  BARXAS TV, que levaremos a cabo conxuntamente con  TIE durante este curso 2012-13 .  C remos nun ensino creativo xerador de novas ideas e estou completamente convencida de que a educación plástica  é moi produtiva , levamos xa tres anos traballando interdisciplinarmente con economía neste proxecto con diferentes actividades , creación de xoias , deseño de camisetas. ver ENLACE. Este ano pensamos que crear un informativo desde o punto de vista dos propios alumn@s empezando cos seus propios recursos , cámaras de video ,fotos, móviles,  sería un proxecto moi motivador. A sorpresa chegou estos días ¡ F umos un dos 9 ganadores do I convocatoria de proxectos escolares de educaBarrié¡ GRAZAS A VOS¡ AGORA CONTAREMOS CON MÁIS MEDIOS A resolución está publicada e n h...